Ata o curso que vén!

BO VERÁN! Despois dun ano de traballo duro deséxovos unhas boas vacacións!

«O mundo é fermoso antes de ser verdadeiro» G. Bachelard

Leo para encher a miña vida, para completala e para compensar baleiros que deixaron os soños non cumpridos, para vivir otras vidas. Leo porque estou convencido de que un libro talvez non cambie a miña vida, pero si pode enchela de novos soños e beleza, e porque me fai escoitar o son e as voces do silencio.

Cuauhtémoc López Guzmán

XVI Xornada dos Clubs de Lectura

O 14 de maio tivo lugar, no Edificio Fontán da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a reunión anual do profesorado que coordina os clubs de lectura dos centros que participan no programa de CLUBS DE LECTURA, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. Preto de 500 persoas, entre participantes, relatores e persoas asesoras de formación do profesorado, tivemos a oportunidade de recibir formación, compartir experiencias e afondar en novas accións sobre o libro e a lectura.

Así mesmo, entregouse o Premio dos Clubs de Lectura 2024 a escritora Arantza Portabales, por ser a autora galega máis lida nos clubs de lectura no curso 2022/2023.

O programa contemplou así mesmo a intervención (por vídeoconferencia)  da antropóloga e investigadora Michèle Petit acompañada pola profesora da USC Montse Pena Presas.

17 de maio, Día das Letras Galegas

A narradora, ensaísta, poeta, filóloga e violinista Luísa Villalta Gómez (A Coruña, 1957-2004) é a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas do 2024.

Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que encheu de compromiso e de beleza. A Villalta dedícaselle o Día das Letras Galegas 2024 pola súa inestimable achega literaria. Foi unha visionaria, unha modernizadora da poesía e do teatro, pero tamén unha congruente defensora das nosas raíces e da nosa historia. Ademais de na literatura, destacou tamén na súa faceta musical como violinista: música e literatura conflúen na súa obra e conforman un estilo propio e orixinal. A docencia, entendida como un saber xeral, e a loita por que a xustiza e a igualdade habitasen en todos os ámbitos, foron outros dos grandes intereses da autora. Luisa Villalta foi emoción e compromiso na mesma voz, esa que prestou a tantas causas para poderen ser escoitadas.

Exposición sobre a vida e obra da autora no taboleiro do club de lectura.

Portada do libro

Luísa Villalta escribiu no prólogo de Música reservada que «a poesía é palabra melódica». En toda a súa traxectoria a relación entre son e texto, entre música e poesía está sempre presente. Esta é a liña coa que María Canosa docemente vai texendo Melodía de palabras. Cada capítulo do libro comenza cunha nota musical que enlaza coa súa biografía dunha maneira sorprendente.

“Acabarei por facer do poema a biografia,
atar os dias a xeito de tercetos encadeados
e espetar-lle ao mundo que si, que é posíbel
viver como vive a poesia, voar de aqui a alá
nalgo tan sutil e ao mesmo tempo tan exacto”
.

23 de abril: DÍA DO LIBRO

Celebramos o día do libro coa lectura da primeira adaptación a novela gráfica do clásico de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego, realizada por Iria Aldegunde. Esta orixinal versión translada ao protagonista o “neno de aldea máis famoso da literatura galega” ao mundo do cómic.

Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen di, un ninguén. E ademais, pobre”.

Así comenzan as reflexións de Balbino, o protagonista do libro, un neno de aldea que no seu caderno deixa reflectida a pobreza e as inxustizas coas que lle tocou bater e que foron propias da sociedade galega dos anos 40 na que lle tocou vivir.

Os seus pensamentos e reflexións acabarán conformando o contido do libro:

«Vexo o mundo darredor de min e adoezo por entendelo […]Ninguén me di para que serven as estrelas nin onde morrren os paxaros».

Do personaxe de Balbino destacamos o seu espíritu aventurerio e curioso e a partir das imaxes a das súas reflexións persoais descubrimos as dificultades da vida rural da Galicia da primeira metade do século XX.

As nosas lectoras e lectores que viven no rural fixeron unhas fotografías moi xeitosas co libro como protagonista. Aquí tedes un par delas, feitas por lectores de 2º de Eso e 3º de Eso.

Lecturas 3º Trimestre

1ºe 2º ESO

Un libro para lembrar que, malia todo, sempre é posible escoller quen somos.

Portada do libro

Xano está a piques de facer doce anos e sente que non encaixa en ningures. Que o seu reloxo interior xira en sentido oposto ao do resto da xente. Que non sabe como abrir a porta que conduce ao mundo dos adultos. A súa avoa Asteria deixoulle, antes de morrer, un misterioso agasallo de aniversario que o levará ata o centro mesmo da Vía Láctea. Alí descubrirá que posúe un don. Que ser diferente o converte, precisamente, nun Abreportas.

Destacamos a personalidade de Xano, o protagonista, que aposta pola visión científica do mundo. Sorprendeunos a capacidade do autor para reflectir os diferentes mundos que aparecen no libro, cheos de diferenza e particularidade. Ademáis fixemos novos descubrimentos a través dá lectura como a linguaxe Ook!, a primeira linguaxe de programación creada para os orangutáns. Si!, leiches ben! e o “Oumuamua” o primeiro obxecto interestelar coñecido do Sistema Solar e un dos grandes misterios dá Astronomía.

3ºe 4º ESO

Portada lo libro

Unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas.

Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparencen os retos virais más arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edidicio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa osadía.

A partir da lectura do libro falamos dos perigos das redes sociais , a identificación das relacións tóxicas e a aposta pola educación como alternativa á vida falsa que ofrecen as redes sociais é a formación e o crecemento persoal san.

2º e 3º ESO

Portada do libro

Atréveste a pensar? Queres morrer de risa dando unha volta pola antiga Atenas con Sócrates, o home máis feo, sabio e bondadoso da Grecia Clásica? Tes valor para correr aventuras, pasar medo e namorarte no santuario dos animais salvaxes con Alexandre Magno e Aristóteles? Deixas que Simone de Beauvoir che explique por que “inventou” o feminismo…? Se contestas que si, abre O libro secreto da Filosofía e comeza a ler.

ENCONTRO CO AUTOR

O alumnado do club de lectura de 2º e 3º de ESO mantivo un encontro  co autor José Carou Rey,  na biblioteca do noso centro.

O autor do libro “O libro secreto da filosofía” ilustrado por Sara Varcárcel  relizou un repaso, ameno e divertido, pola  traxectoria dalgúns dos filósofos máis importantes da historia (Sócrates, Aristóteles, Hipatia, Descartes, Immanuel Kant, Friedrich Nietzsche e Simone de Beauvoir) e reflexionou cos estudantes do club de lectura sobre o proceso de confección da súa obra.

José Carou (Rianxo, 1969) é profesor de Filosofía no IES Praia Barraña de Boiro. Publicou as novelas “Desvelando a Ademar Escambia” (Premio Antón Avilés de Taramancos, 2019) e “O Bebedizo de Lúa” (premiada no Lueiro Rey, 1997). Tamén é autor do poemario “Hemisferio auga” (2021) e do inclasificable “Relatos da incorrección” (2021).

4º ESO

Portada do libro Xulia Alonso Díaz

Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda.

Lecturas 2º trimestre

No mes de marzo tivemos a oportunidade de realizar un Obradorio de Booktrailers da man de Roi Guitián.

Roi Guitián é licenciado en comunicación audiovisual especializado en comunicación e educación. No campo audiovisual, traballou para diferentes canles de comunicación e produtoras independentes, centrándose na elaboración de reportaxes e documentias como cámara e realizador. Tamén conta cunha amplia experiencia no uso das TIC como ferramentas para o desenvolvmento de proxectos para centros de ensino.

Concentrados nas explicacións de Roi

1º e 2º ESO

Portada do libro

«É un relato de aventuras, cunha parte moi fílmica»

Daniel Landesa

Un día Bryne, a irmá maior de Ashlyn e sentinela do grande e compacto muro que separa Penumbra da Terra de Sol, desaparece.
Ashlyn, dotada dunha sensibilidade especial, pide axuda a Deirdre, a autoridade de Desértica, e esta, que intúe que detrás da desaparición está a man de Eric, o rei de Penumbra, convoca o Consello de Sol, onde acoden os mandatarios dos diferentes orbes. Os gobernantes acordan enviar un grupo de rapaces e rapazas, de candanseu orbe, para que acompañen a Ashlyn a buscar a Bryne ao outro lado do muro.

Sandra, Nicolás e María dibuxando o seu Storyboard

A partir do Storyboard fixemos uns booktrailers. Quedounos de cine!

Se queres velo, fai clic aquí:

A partir desta ficción literiaria o autor mergúllanos nun mundo diferente e imaxinativo onde os protagonistas resultan ser cativos e cativas que loitan por un ben común. Destacamos como temas fundamentais do libro: o traballo en equipo, a loita do ben contra o mal e a fantasía e as xeografías imaxinarias.

3º ESO

Portada do libro

En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga.

Unha novela de intriga sobre a forza dos sentimentos, a melancolía dos erros pasados e as violencias visibles, e tamén invisibles, que sofren as mulleres.

Fai clik aquí para ver o noso booktrailer:

4º ESO

Portada do libro

Comeza o xogo!

«Xogamos?» Ese é o contido dun correo electrónico que un día recibe o profesor Benavides, profesor universitario. O matemático acepta o lance e dende ese intre terá que desentrañar o misterio que se agocha tras os asasinatos que se están a producir no campus. Coa axuda de Silvia, unha enigmática alumna da facultade de Matemáticas, Benavides deberá resolver os desafíos lóxicos que un intelixente asasino lle vai propor. Mensaxes cifradas, pistas inquietantes e códigos aparentemente irresolubles danse cita nesta aventura chea de intriga na que entrarás de cheo nunha parte da historia das matemáticas.

O libro pareceunos moi emocionante pola trama do asasinato en serie ambientada nun campus universitario. Tamén nos chamou a atención o feito das matemáticas como as grandes protagonistas da novela.

Ana, Iris e Paula nos mostran o seu stotyboard

Booktrailer do libro feito polas lectoras de 4º ESO:

Bota unha risas co noso Making Off:

https://www.youtube.com/watch?v=qCxAb0TAFf0

Máis lecturas

1º ESO

ABEL TÓMÉ

Portada lo libro

Cando Liliam Strawberry contaba con catro anos faleceu e, tres días despois, no medio dunha treboada, apareceu viva diante da súa casa. Por este feito excepcional é coñecida en toda Tanzana e máis alá. Agora, con dez anos, volve ser protagonista doutro suceso: ela, Franz Apple e Gloria a Musaraña atoparon un cadáver con roupas doutro século na lagoa dos Colonos. Este non será o único corpo sen vida que aparecerá na vila. Liliam, atraída polos enigmáticos cadáveres, incitará a Franz e a Gloria a investigar pola súa conta sen sospeitar que ela vai ser unha peza clave no curso dos acontecementos.

2º ESO

A piques de empezar o verán de 1986, Fran, un rapaz de 15 anos, vese obrigado a marchar á casa dos seus avós en Caldarcos, “a aldea máis fría do mundo, o máis semellante que coñecía ao Oeste”. El quere quedar en Pontevedra, xunto aos seus amigos, facendo surf e vendo a Carme, a rapaza máis desexada dinstituto.

PEDRO RIELO

A pesar das súas constantes negativas e de ter claro que en Caldarcos non hai nada que facer, a Fran ábreselle un novo mundo no que coñecerá a unha rapaza cuspidiña á cantante Cyndi Lauper, a un cura que ten un aquel con don Vito, o xefe da mafia, a Fiúncho, un mozo desgairado… Pero sobre todo descubrirá o gran segredo da avoa: o Grupo dos Perdidos.

Samuel Rama 2º ESO B

Samuel deixa a súa opinión despois de ler o libro.

3º e 4º ESO

ROCÍO LEIRA

Portada do libro

«Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do diario. Unha investigación chea de humor e intriga que che descubrirá a cara máis sorprendente da filosofía e na que, buscando respostas, tan só atoparás preguntas.

EXPOSICIÓN DAS LECTURAS NO TABOLEIRO

Día de Rosalía

Un ano máis celebramos o Día de Rosalía o 23 de febreiro. Un pequeno grupo do Club de Lectura reunímonos na Biblioteca para recitar e falar sobre a figura de Rosalía de Castro.

Tamén fixemos un cartel conmemorativo:

Cartel conmemorativo con textos de Rosalía

Curros concentrado nun boceto de Rosalía
Lector do terceiro curso

Lectoras do cuarto curso

Luisa Carnés, a narradora invisible da xeneración do 27, escribíu esta biografía no 1945, xa no seu exilio mexicano.

«En Padrón hai unha casa humilde cuxo nome é grato ao espírito: a Horta da Paz. Alí unha nena enfermiza aprende a andar sobre as pedras vellas do xardín e pasa horas contemplando os aleteos das bolboretas. É Rosalía de Castro, a gran poeta galega, e esa casa, o fogar ao que sempre quererá volver.»

Lecturas 1º trimestre

1º ESO

Unha protagonista extravagante e moi ben equipada.

Ledicia Costas

Portada do libro

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada. A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada. Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir. Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

Algúns dos nosos marcapáxinas co dibuxo da Señorita Bubble

María comenta ao resto do grupo as súas impresións sobre o libro.

Máis lecturas

Plan de rescate, a novela coa que Antía Yáñez gañou o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade no 2019 publicada por Xerais, con ilustracións de Xiana Teimoy.

«A literatura debe atender á diversidade. Creo que todas as persoas temos dereito a toparnos nun libro, a sentirnos ben e mesmo a que as personaxes expresen certas realidades incómodas que vivimos. Mais tamén temos dereito a mudar a realidade, e a berrar ben alto.»

Antía Yáñez. Premio dos Clubs de Lectura 2022

Portada do libro

Encautounos esta novela coa que votamos unhas gargalladas e disfrotamos da acción e o misterio. Despois da lectura chegamos a conclusión de que o termo discapacidade non existe e máis ben o que existen son as capacidades diferentes, das que podemos aprender moito…. ou seríamos nós capaces de idear un plan semellante para ir rescatar os nosos compañeiros duns posibles secuestradores do centro?

Na reunión comentamos algunhas frases do libro que nos chamaron a atención:

» no mundo non existe xente normal. Iso implicaría que tamén existe xente anormal…»

«Xa había tempo que non a sentía, pero sabía que tarde ou cedo volvería aparecer,
que só era cuestión de tempo. A frustración. Ver que un camiño que os máis facían
de forma sinxela eu non podía percorrelo con liberdade.»

2º e 3º ESO

Un libro que medo me dÁ!

Coincidindo co mes de celebración do Samaín, reflexionamos a partir da lectura do libro de Paula Carballeira sobre que é o medo para cada un de nós.

Sorprendeunos a composición de cada un dos capítulos do libro: un microrelato escrito por alumnado de diferentes centros escolares, o propio relato da autora e un «aviso» do tema arrepiante que vai tratar (bonecas, golpes na parede, portas pechadas, ollos amarelos…)

O medo avisa cando chega. Un sopro de aire frío. Un arrepío polas costas. Un corazón que latexa. Algo que non vemos, pero sabemos que está. Algo que sentimos, ou que presentimos. Estes contos son para ler de noite, se te atreves.

Paula Carballeira

Cando era pequena, discutía coa miña nai porque eu nunca quería ir para a cama nin apagar a lámpada da mesa de noite. Ela non sabía que viñan visitarme monstros, vampiros, lobos, ánimas en pena na forma de espíritos choróns que se anunciaban cun aire xélido. Eu mantiña os ollos abertos e intentaba pensar noutra cousa, pero escoitaba pasos lixeiros que se achegaban, respiracións e ouveos apagados do outro lado da xanela. Coido que por iso comecei a ler contos de terror e a escribilos. Polo menos podía poñerlles nome a eses medos, pechalos nas palabras e descubrir ou inventar maneiras de desfacerme deles.

4º ESO

Un pasado que encerra escuros segredos.

A CEA DAS ENAGUAS. An Alfaya

Gañadora da XIII edición dos premio Frei Martín Sarmiento
5ª categoría (3º e 4º ESO)

An Alfaya

Portada do libro

Eloi visita sempre que pode o seu avó Matías, que vive nunha vila costeira da que foi fareiro moitos anos. Nesas estadías acoden a ver a Sara, unha anciá que vive fechada nunha casa, no mutismo máis absoluto. Eloi descobre entón episodios escuros do pasado nos que están implicados os dous vellos e outros habitantes da vila.

Despois da lectura desta novela de cariz psicolóxico, intriga e misterio intercambiamos impresións e opinións sobre as temáticas tratadas pola autora:

O amor romántico: «… a lembranza do home ao que amara había un mundo de anos, tantos que lle resultaban unha eternidade!.. (páx.19). A muller no pasado, a violencia machista e o patriarcado: «…cando pido as cousas polas boas non me gusta ter que repetilas»… (páx. 65). «…Contenta deberías estar de que o lugartenente de Amadeo Seara puxese os ollos en ti, que mozas máis feitas hai na vila!…(páx. 155).

Pequeno fragmento significativo:

«O peor de todo foi que ela, a miña nai, miraba para outro lado, si, non poñas esa cara, Matías! Sabía o que pasaba pero facíase a parva porque lle conviña, porque nos conviña, xustificábase cando eu lle suplicaba que lles pechase a porta aos
dous desgraciados… E todo porque o barco do contrabandista chegaba moitas veces cargado de produtos que aquí resultaban moi difíciles de conseguir…
«

Máis lecturas 2º e 3º de ESO

2º ESO

O único dormitorio da casa que non ten ventá á rúa é o de Cecilia! Aunque nunha parede ten colgado un cadro que pintou o seu avó e que mostra un tobogán vermello, un columpio azul, unhas nubes e un camiño. Por sorte, coñoce a Olga, una veciña fotógrafa que saberá escoitar o seus pensamentos.

Cecilia é unha nena moi inquieta, con moitas inquietudes e con unha estraña fascinación polas xanelas, tal vez porque o seu cuarto é o único da casa que non as ten. Para ela, cada xanela ten un significado especial. As altas, significan esperanza porque asomados a elas podemos soñar espertos. A medianas, significan rutina porque podemos ver os tendedeiros dá roupa…e a baixas, liberdade porque por elas pódese saltar e saír correndo….Sorprendeunos a mirada que ten sobre as cousas a protagonista do libro, un pouco máis adulta do esperado para unha nena da súa idade. Un relato definitivamente cheo de encanto.

3º ESO

III Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil

Despois do “suceso”, a Sofía non lle queda outra que ir pasar parte do verán ao piso da súa avoa Rosa en Veigamoa, onde parece que nunca acontece nada. Unha vez alí, a rapaza decátase de que o ambiente na vila está enrarecido, de que a xente escapa da súa avoa e das súas amigas cando van pola rúa, de que reciben chamadas telefónicas no medio da noite e de que sofren actos vandálicos no edificio. Coa mosca detrás da orella, Sofía decide pescudar. Non lle gusta nada o que descobre, se hai algo que non pode soportar, son as inxustizas.

Máis lecturas 4º Eso

Peza teatral en chave de humor

Manuel Núñez Singala. Premio club lectura 2023

Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto. Personaxes que fían unha disparatada trama na que a risa está máis que garantida.E tamén, como é norma do autor, unha obra que nos vai facer pensar, entre gargallada e gargallada, aínda que só sexa un pouquiño.

EXPOSICIÓN DAS LECTURAS NO NOSO TABOLEIRO

Alumnos do Club de Lectura Galeano desexávosmos un  BO NADAL!!!

Volvemos a viaxar a través das letras

XA ESTAMOS DE VOLTA! BENVIDOS E BENVIDAS!

Cartel club curso 2023-2024

«As mediadoras somos redeiras das palabras. Estendemos os nosos libros alí ondesabemos que o peixe pode caer. Cosemos osocos, cambiamos os títulos se é preciso e procuramos o cardume da lectura cando as mareas e as lúas nos son propicias. Tamén saímos con marexada, en contextos nos queas nosas redes teñen máis difícil prender. Mais nós, que somos bravas e sabemos de lúas, recoñecemos os lugares nos que os libros poden ser abrigo, boa temperatura, un peirao ao que volver.»

Parte do texto de Montse Pena Presas, profesora de didáctica da lingua e da literatura, para celebrar o día do libro 2023.