A paisaxe en Wuthering Heights

Unha das innovacións de Wuthering Heights é a inclusión da paisaxe na novela. A paisaxe de Wuthering Heights está inspirada nos páramos dos arredores de Haworth (condado de Yorkshire), onde a autora viviu gran parte da súa vida.
Neste enlace podes ver fotografías desta paisaxe. Ao longo da novela hai moitas descricións que lembran paisaxes actuais nesta área.
Debaixo podes ver unha recreación da zona en forma de mapa, coa localización das dúas casas onde transcorre a maior parte da acción.

Mapa de localización das casas importantes na novela

A casa onde naceu Catherine Earnshow e onde vive Heathcliff, a que dá título á novela, está situada no páramo, e o seu nome contén unha palabra dialectal da zona (Wuthering Heights poderíase traducir como «outeiros ventosos» ou «outeiros agrestes»). Debaixo podes ver uhna recreación da casa de labranza tomada desta páxina, onde podes ver tamén planos do interior.

A casa de labranza "Wuthering Heights"

Publicado por

clubgaleano

Blog do Club de lectores Galeano IES Camilo José Cela (Padrón)