15 anos de Xornadas de Clubs de Lectura

«Estas xornadas son un punto de encontro para compartir as experiencias que se están a levar a cabo ao longo do país, pero tamén unha oportunidade de escoitar a persoas de referencia no ámbito dos clubs de lectura, da mediación lectora, da literatura… e de recoñecer á escritora ou escritor galego maís lido no curso pasado».

XV Xornada dos Clubs de Lectura

O pasado luns 5 de xuño, celebrouse no Palacio de Congresos, de Santiago de compostela a reunión anual das persoas coordinadoras dos Clubs de Lectura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Estiveron convocadas un total de 439 persoas coordinadoras que tiveron a oportunidade de compartir experiencias, escoitar a persoas de referencia no ámbito dos clubs de lectura, da literatura, da mediación lectura e de recoñecer o escritor galego máis lido no curso pasado, Manuel Núñez Singala.

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e o autor galardoado, Manuel Núñez Singala.

LECTURAS TERCER TRIMESTRE

1º ESO

Hai máis de 1.000 anos, peregrinos de todo o mundo cruzan as distintas rutas para chegaren a Santiago. Algúns comezan o Camiño atraídos pola natureza, a arte, a arquitectura, a gastronomía… a outros móveos a espiritualidade. Sexa como for, todos camiñan coa “súa vida na mochila” durante duras xornadas, vaia frío ou calor, nas que mesturan esforzo e emoción.

Tara, a peregrina protagonista desta guía, elixe o Camiño Inglés. Ao baixar do barco na Coruña non ten previsto facer O Camiño, mais unha decisión fortuíta cambia os seus plans. Paso a paso, sacia a curiosidade e o apetito, descobre os lugares máis emblemáticos do camiño e tamén os recunchos que saen das rutas convencionais.

Pódese sentir morriña por lugares que non se coñecen?

Bo camiño!

A escritora: María Canosa

María Canosa é enxeñeiro e director de proxectos no Centro de Coñecemento Costa da Morte. Combina a súa faceta de enxeñería coa de escritora, así como a de guionista y presentadora en diferentes programas de TVG.

O ilustrador: Miguel Cerro

Miguel Cerro é ilustrador e deseñador gráfico. Fixo numerosos traballos de deseño, publicidade e ilustración, especializado en carteis e libros ilustrados. Gañou premios e mencións en varias competicións.

2º e 3º ESO

Eva Mejuto: Premio dos Clubs de Lectura 2021

O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible.

4º ESO

O libro constrúe unha falsa autobiografía da suposta autora Emma Olsen, unha escritora que padece unha enfermedad terminal e decide escribir un libro durante os últimos meses da súa vida, no que narra algúns dos secretos que mantivo ocultos durante anos e que aconteceron durante a súa adolescencia, na cidade de Faith, una pequena vila do medio oeste americano.

BOOKTRAILER

Frases destacadas do libro:

«As lealdades que se contraen antes de saber o que significa esa palabra son sempre as máis difíciles de romper«.
«Somos o que inventamos sobre nós para que os demais nos vexan así«.
«Clarissa amaba os límites, chegar ao punto xusto onde comeza a última fornteira que pode superarse«.

O proceso creativo de Berta Dávila

«Alguén me dixo unha vez que a escrita literaria é un estado de ánimo. Seguramente non sexa así para todo o mundo, mais creo que podería funcionar como concepto para o meu caso..».

O ilustrador Pablo Prado

Ambientado a nosa lectura

3º e 4º ESO

Visita de Marta Ojea

Telegramas en corentena’ é o resultado de dous meses de peche durante a pandemia de covid-19. Reflicten o día a día da autora nunha experiencia compartida por medio planeta que pasará á historia do século XXI como o momento no que o mundo se parou para sobrevivir. Un momento que serviu para mirar cara ao noso interior e descubrirnos a nós mesmas, no que aprendemos a escoitarnos, talvez a querernos e, finalmente, volver ao mundo cunha mirada nova

Conmemoración do 17 de maio,

Día das Letras Galegas

Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do que se artellou o traballo conxunto entre os intelectuais do exilio, os que permaneceron no país tras a contenda e as novas xeracións de galeguistas que van xurdindo malia o difícil contexto da ditadura franquista. Entre as súas iniciativas salienta a de crear en 1963 o Día das Letras Galegas, unha data en que conmemorar e celebrar a lingua, a literatura e a cultura de noso. Sesenta anos despois o propio don Paco é a figura homenaxeada nesta efeméride.

Lecturas 2º trimestre

1º e 2º ESO

Miguelanxo Prado Plana

Miguelanxo Prado Plana, nado na Coruña en 1958, é un autor de banda deseñada galego, con obras que van desde a crítica social e as relacións persoais contemporáneas até a ciencia ficción. É un autor con moita proxección internacional, os seus libros e cómics foron traducidos a moitos idiomas. Ten especial recoñecemento en Galicia, España, Francia e Portugal.

Exposición no taboleiro

O tema do libro é a fastidiosa herdanza dunha vella casa no rural para unha familia que só desexa mudarse a un piso máis grande e pagarse unhas vacacións nunha praia saturada de xente. Un alcalde e un construtor sen escrúpulos, compinchados para levar a cabo faraónicos negocios na busca dun suposto progreso para o seu pequeno municipio.

Outras obras do autor

Publicado en 2004 e enmarcado dentro da iniciativa “Proxecto Terra” do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (Miguel Anxo Prado estudou arquitectura aínda que finalmente dedicouse ao cómic e a ilustración), o album recibiu no Salón do Cómic de 2005 o premio a Mellor Obra e ao Mellor Guión.

1º ESO

Esta é unha historia que fala de princesas rebeldes e de músicas ventureiras, que nos lembra que non todos os contos son exactamente como nolos contaban.

PREMA AQUÍ se queres afondar no argumento e personaxes do libro, autobiografía do autor e ilustrador e impresións sobre o mesmo:

https://padlet.com/soniamariarodi/as-m-sicas-viaxeiras-hthjt54p8wt3tyt7

1º e 2º ESO

Quen non desexou algunha vez ser invisible? Quen non desexou algunha vez deixar de selo? O problema é que nunca cheguei a controlar ben ese poder: Ás veces, cando máis ganas tiña de ser invisible, era cando máis xente víame, e en cambio, cando desexaba que todos me visen, era cando ao meu corpo dáballe por desaparecer.

Ante as dificultades ás que ten que facer fronte o protagonista cre posuír superpoderes como os que teñen os protagonistas dos cómics que tanto lle gustan: invisibilidade, capacidade para respirar debaixo da agua..

Comentamos o libro e creamos os nosos superheroes e as nosas superheroinas, elixindo os poderes que nos gustaría ter a cada un de nós.

3º ESO

Palabras de Beredice, a protagonista do libro:

«Confésome insumisa e ceibe das cadeas de deuses e homes»

«Confeso non ser nin sentirme insignificante, menos válida, incapaz ou calquera o sentirme insignificante, menos válida, incapaz ou calquera outro termo absurdo que se vos pase pola cabeza polo feito de ser muller«

As portas do muiño das Xanas sempre estiveron abertas para os habitantes de Queixumes. Xeración tras xeración prestáronlles axuda cada vez que eran requiridas. Todas as súas peticións foron cumpridas, sempre a cambio de algo. Porén, a chegada de Pío Salazar á vila vai mudalo todo.

4º ESO

A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio conserxe, co visto e prace da directora do centro, para tratar de esclarecer as circunstancias da morte da rapaza.

Máis lecturas 4º ESO

Ninguén imaxinaba que a gravación dun documental para a materia de Historia remataría de forma tráxica coa enigmática desaparición de Lois Figueirido. Familia, amizades e veciñanza mobilizaranse e achegarán todos os seus esforzos para dar con el. Mais, para avanzar na investigación, deberán someterse a unha introspección, botar man da historia local e axudarse das redes sociais. A súa busca ten tempo límite: 48 horas. Entre todos serán quen de atopalo?

A través da lectura do libro reflexionamos sobre temas de actualidade como a escravitude das redes sociais, pois todo o sucedido na historia ten como pano de fondo a procura da popularidade nas redes sociais e o contro machista, pois a obsesión de Ándrés Teira por controlar a Olaia representa un exemplo de relación tóxica.

NOVA DATA DE CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

23 de febreiro

Tras o recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira da data real do nacemento da autora, que foi un 23 de febreiro e non un 24 de febreiro como se pensaba con anterioridade.

Máis lecturas 3º ESO

¡SUBNORMAL! Unha historia de acoso escolar.

«Ese monstro con cara de neno que estraga infancias, marca vidas e, nos casos máis extremos, chega a provocar que nenos de curta idade atenten contra si mesmos». Descrición do acoso escolar no epílogo do libro polo protagonista.

O cómic, guionizado por Fernando Llor e con dibuxos de Miguel Porto, baséase nas vivencias de Iñaki Zubizarreta, ex-xogador de baloncesto que cando tiña 11 anos sufriu na súa pel o acoso escolar.

Taboleiro Club Lectura Galeano

Máis lecturas

2º ESO

Jack Mircala, autor e ilustrador, preséntanos así esta historia:

“Este libro está destinado a entreter e agradar a todos sen distinción de idade, e a excitar os resortes da imaxinación mediante o uso da fantasía.”

As ilustracións fainos lembrar o estilo peculiar de Tim Burton.

Trátase dun álbum debuxado integramente a rotring, faceta, quizais menos coñecida deste artista, na que amosa o seu característico estilo e sensibilidade, tanto no debuxo coma no argumento e desenrolo da historia.

4º ESO

«Mi hermana vive sobre la repisa de la chimenea» de Annabel Pitcher

Da man de Jamie profundizamos na historia dunha familia marcada pola morte da súa irmá Rose nun atentado que tivo lugar cinco anos atrás.

A autora conta a historia desde o punto de vista dun neno de dez anos que sinte como os seus pais, que viven anclados no pasado, descuidan a relación cos outros dous fillos. A historia toca unha gran variedade de temas, como os prexuízos hacia outras razas, o acoso escolar, a maneira de afrontar o duelo por un familiar, a inocencia da infancia…e todos eles plantexados de maneira lixeira e entretida, deixando sempre unha porta aberta a reflexión.

Difusión das lecturas do primeiro trimestre no taboleiro:

DESDE O CLUB DE LECTURA DESEXÁMOSVOS UN BO NADAL!

LECTURAS PRIMEIRO TRIMESTRE

1º ESO

Cando o reloxo da igrexa daba as seis e media, unha das fiestras do noveno andar abriuse e un avión de papel amarelo saíu voando, tecendo eses no ceo. O avión perdeu folgos e estrelouse nun terrado de flores. Sería posible coñecer a persoa que se dedicaba todas as tardes a lanzar un avión pola ventá?

Unha novela sobre a amizade relatada sobre o fondo da arte urbana, dos traballos pictóricos, sexan graffitis ou murais, que humanizan a cidade e a fan máis fermosa.

Este é o libro co que Xavier Estévez foi finalista no 2016 do premio Merlín. Os protagonistas son dous rapaces de Vigo, Lucas e Sara, que se coñecen gracias o azar e que teñen en común o interese pola lectura e a escritura. Ambos protagonistas tentarán resolver o enigma de quen é Hopper, un artista gráfico que retrata un neno cun papaventos. Destaca a parte gráfica do libro na que Marcos Viso recrea a historia dos protagonistas e os graffitis de Hopper con figuras e cores difuminados e suxerentes

O final do libro o autor asina unha nota na que relaciona o tema da novela coa sensibilidade pola arte urbana e traza un breve panorama dos artistas vigueses, especialmente Powone, de quen se reproducen fotograficamente un importante número de pezas.

Algunhas das frases que destacamos do libro:

«Hai momentos fráxiles como cristas aos que non lles prestamos ningunha atención e que, con todo, tecen o camiño das nosas vidas.» (Páxina 17).

«A xente aférrase ao costume como unha rocha, cando en realidade debería soltarse e mergullarse no mar. E vivir» (Páxina 27).

«O recreo é o momento de invisibilidade. Se hai sorte, os demais nenos están xogando ao fútbol; se non, o máis aconsellable é pasar inadvertido». (Páxina 28).

«A vida atrápanos nas súas redes e vainos levando polo camiño que nos marca. Eu, polo menos, síntome ás veces como unha simple espectadora das cousas que me van sucedendo. Coma se fose un garabullo arrastrado polo río». (Páxina 91).

Iniciativa da realización dunha exposición de graffitis de arte urbano a partir da lectura do libro:

O home que plantaba árbores

Velaquí un libro que fala da xenerosidade humana sen límites. Do respecto a natureza, da aposta pola vida e do amor á terra.

«Flipbooks» elaborados a partir da lectura do libro

2º ESO

Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a súa evacuación, Prípiat é unha cidade en ruínas que os pequenos e as pequenas, ante a ausencia de adultos, se afanan por manter en funcionamento. Todos agás Lena Petrov, diferente e solitaria, que non é quen de atopar o seu lugar entre as rúas e edificios baleiros. Non hai nin rastro da súa mellor amiga, Svetlana, e agarda con ansia o regreso da súa nai. Tan só o enigmático Máscara parece adaptarse tan mal coma ela á nova orde das cousas. Que segredo agochará?

Unha estremecedora historia ambientada na cidade fantasma de Prípiat, tras o accidente nuclear de Chernóbil, que ten como protagonista unha nena chamada Lena Petrova.

Iria Misa co seu libro «A cidade do átomo»

“A cidade do átomo” logrou o recoñecemento do IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade en novembro de 2020.

A historia do libro está contextualizada xusto despois do estalido do reactor N.º 4 da Central de Chernóbil, na cidade de Prípiat na URSS. Unha urbe situada a tres quilómetros das instalacións, a vangarda da modernidade e con unha poboación moi xoven desaloxada. Con todo un grupo de rapaces vai permanecer no núcleo esperando o regreso dos adultos na procura de que todo siga en funcionamento como nunha pequena comunidade.

3º ESO

A vida de Ari semella coma a de calquera rapaza de súa idade, atafegada entre o colexio, as amigas e a sús nai, que non entende que está comezando a facerse maior. Na praza que atravesa catro veces por día coñece un home que está alí acampado, un ancián sorprendente que sabe da vida, e tamén de propia Ari e da súa familia, moito máis do que aparenta.

A protagonista da historia é unha adolescente atrevida e intelixente que de maneira casual establece amizade con un ancián. As conversas que manteñen cambiarán en Ari a súa perspectiva das cousas, abrollando nela un novo xeito de ver a vida. A nai, profesora universitaria ateigada de traballo, considera o anciá unha mala influencia para a súa filla, pero mais tarde caerá na conta de quen era aquel home e de que, non sendo por el, nunca se tería convertido na muller que é.

Nesta obra mestúranse historias do pasado e do presente da nai de Ari, Isabel. Algunhas delas derivadas da discriminación de xénero.

Pequenos fragmentos significativos:

Reaccionara ao fin, medio sen saber como nin de onde sacara as forzas. Unha nai sempre saca as forzas. Fixérao a súa, e
tamén Isabel. Seica un pouco tarde pero reaccionara.
[…]
Isto era hai moito, moito tempo. E era un neno moi, moi pequeno…
– Un neno, dis, e por que non unha nena?
– De acordo, que sexa unha nena.

Esta é unha historia que nos sorprendeu pola volta que lle da o mito de Ariadna e o Minotauro, un dos temas principais da narración , convertindo a Ariadna na auténtica heroina e restándolle importancia a figura de Teseo e o Minotauro.

4º ESO

As vidas de Smita, Giulia e Sarah non poden ser máis diferentes. Na India, Smita fai o posible para que a súa filla aprenda a ler e escribir. En Italia, Giulia descobre que a fábrica de perrucas do seu pai está a piques de quebrar. E no Canadá Sarah enfróntase a unha enfermidade que truncará a súa exitosa carreira como avogada. Colombani tece unha espléndida trenza entre as tres historias.

Laetitia Colombani,
actriz, directora de cinema e escritora francesa.

O título do libro é clave no desenvolvemento das tres historias que se contan. Mesmo nas primeiras páxinas aparece a definición:

“Trenza: conxunto de tres guechos ou cabos que vanse cruzando ou entretecendo”.

Xa podedes imaxinar que os guechos representan as vidas de Smita, Giulia e Sarah, tres mulleres de tres continentes diferentes, separadas por milleiros de quilómetros e que teñen en común a fortaleza de enfrontarse aos destinos que lles veñen impostos.

Publicamos os comentarios de parte das lecturas do primeiro trimestre no noso taboleiro:

O CLUB DE LECTURA GALEANO

Inagura o curso 2022-223

Se che gusta ler e compartir o que les, anímate e participa!

Hai lugares tranquilos no medio do ruido. Son illas, son oasis, son espazos entornados, silenciosos, en que podemos camiñar entre o pasado e o futuro. Espazos que acubillan os artefactos perfectos que nos conectan coa eternidade…

(Texto de Xosé Ballesteros, polo Día Mundial do Libro 2022)

Visita á Biblioteca América

O día 14 de xuño, un grupiño do noso club, salíu a Santiago de Compostela para visitar a Biblioteca América do Colexio de Santiago Alfeo ou de Fonseca, o máis antigo da Universidade. Hoxe en día a bibliteca conta cuns 22.000 volumes e preto de 2100 títulos de publicacións períodicas, editadas nos séculos XIX e primeira metade do XX.

Biblioteca América

Chamounos a atención o moviliario de estilo barroco, uns dos poucos orixinais que se conservan. Tamén tivemos ocasión de follear o facsímil do Libro de Horas de Fernando I. Ademais, a nosa guía Rosi Maxi, contounos un secreto; na Biblioteca América grabouse un vídeo clip dun grupo moi nomeado nos últimos meses. Xa vos enteraredes de cal!

Páxina do facsímil do Libro de Horas de Fernando I
Claustro de Fonseca presidido por unha escultura de Alonso III de Fonseca