O perfume

Patrick Suskind
Patrick Suskind

Patrick Süskind, o autor desta novela, naceu en 1949 en Ambach (Alemaña). Após os seus estudos de Historia traballou como guionista televisivo para series da televisión alemá.
Aínda que a súa primeira obra literaria foi O contrabaixo, unha peza teatral que se estreou en Múnic e chegou ás 500 representacións, a sona internacional chegoulle c’O Perfume, publicada en 1985 e que foi traducida a máis de 40 linguas.
O protagonista da historia é Jean-Baptiste Grenouille, un aprendiz de perfumista nacido sen cheiro corporal, mais posuidor dun extraordinario sentido do olfacto.
Un día Grenouille encontra unha moza cun perfume totalmente diferente de todos os outros millares de perfumes que gardaba na memoria, e acabará por matala, coas súas propias mans, de tanto desexar apoderarse do seu cheiro. Mais, esta moza é apenas unha das moitas xoves que o protagonista acaba por matar (26 no total), en busca do perfume perfecto.
A novela explora a relación entre os cheiros e as emocións que poden evocar. É unha novela sobre a identidade e a moralidade humanas.