![Os Eidos](https://i0.wp.com/www.xerais.es/jpg_g/xerais/XG00177401.jpg)
O martes pasado, como estamos moi atarefados coa lectura de Jane Eyre, dedicámolo á lectura de poemas do libro de Uxío Novoneyra Os Eidos. Gustamos moito del e animámosvos a lelo e logo vistar o Courel, esa zona de Galicia tan fermosa.
Para que vos animedes de verdade aí van dous exemplos que nos encantaron:
Canta a fontiña
canta a fontela
i anque a canción é dela
ten unha cousa miña
pola que podo entendela.
Cara Monforte de Lemos
montes con mendos de pan
Cara o Incio como navíos
nebras brancas de vagar